RGPD - Cookies
Vigo al día

Caballero califica a votación dos comuneros de Cabral de «decisión privada» e adianta que se atén ao PXOM

O alcalde calificou este luns de “decisión privada moi respectable” a decisión adoptada este donmingo pola Asamblea dos Comuneros de Cabral rexeitando o proxecto comercial e de ocio de Porto Cabral. Abel Caballero engadiu que o goberno local «se atén» ao que figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre Liñeiriños, onde se di que ese ámbito ten que realizarse no primeiro cuatrienio, incluíndo a posibilidade de expropiacións.

«O Plan Xeral segue dicindo o mesmo que antes da votación», engadiu o alcalde quen rexeitou valorar a decisión da Asamblea, repetindo que o. goberno local se «atén ao plan porque é a lei» e lembrando que o PXOM foi aprobado inicialmente cos votos de PP e BNG, «vexan o que dixeron ambos os dous e as razóns que daban», invitou aos xornalistas.

Por último, explicou que non tivo contactos coa promotora de Porto Cabral, Eurofund, tras a decisión manifestada polos comuneros, pero que él mantén relacións con «tódalas persoas» que queren proxectos para Vigo.

 

También te puede interesar