Galicia

“Estabamos convencidos de que a Administración española non foi responsable do ‘Prestige”

O fiscal de Medio de Galicia defendeu que, malia “a tardanza da Xustiza” no caso da catástrofe do Prestige, “o resultado procesualmente é digno”. Álvaro García Ortiz indicou nunha entrevista concedida á Cadena Ser, que “aínda que sexa moi tarde, aínda que tardaramos moito tempo en dicir que se pode dar unha resposta a catástrofes desta natureza… xa digo, con toda a crítica que asumo tanto no profesional coma no persoal sobre a tardanza da Xustiza, a lentitude ou as imposibilidades que tamén temos, pero o intentamos e eu creo que o resultado procesualmente é digno”.

García Ortiz volveu defender a actuación da Fiscalía neste caso no que considera que a Administración española non ten ningunha responsabilidade na catástrofe, pois dixo que “tiña moi claro os que eran os posibles actores do proceso e a quen tamén non acusaba”.

Na súa opinión, “non fixemos nada que non debiamos porque estamos convencidos da nosa tese de que a Administración española non foi responsable da catástrofe”, sentenciou. Con todo, dixo que “será difícil” que a sentenza contente a todas as partes, que se atopan “tan confrontadas“.

E contra esta sentenza, que se lerá o mércores, informou de que só cabe un único recurso extraordinario de casación ante o Tribunal Supremo, “para o cal deberían darse unha serie de cuestións moi técnicas”. Tamén deixou claro que “o Supremo non está tardando moito en resolver as casacións”, polo que “non sería demasiado” o tempo a esperar para coñecer unha resolución.

Aínda que o fiscal pide nas súas conclusións 4.000 millóns de euros de indemnización que se reclaman á aseguradora, García Ortiz recoñece que non se alcanzará esa cantidade, se é que a sentenza acepta esta reclamación, porque a aseguradora ten un límite de 900.

 

También te puede interesar