RGPD - Cookies
Galicia

En marcha o dispositivo invernal de estradas en A Coruña y Pontevedra

O dispositivo invernal Consellería de Infraestruturas para manter operativas as estradas das provincias de A Coruña e Pontevedra empezou coa posta en activo de 11 máquinas quitaneves e o traballo de 100 operarios, respectivamente.

Este plan de vialidade actívase en ambas as dúas provincias tras facelo anteriormente nas de Lugo e Ourense. Así as cousas, na Coruña, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) disporá de 13 depósitos de sal e salmoira, 11 quitaneves e 11 repartidores de sal, así como 118 persoas que traballarán en garantir a seguridade nas estradas coruñesas, sobre todo, en episodios de dificultades meteorolóxicas.

Este operativo prolongarase ata o 30 de abril, co fin de reforzar a seguridade viaria na rede de estradas de titularidad autonómica na provincia coruñesa.

A provincia de A Coruña conta con 8 centros operativos que se distribúen do seguinte xeito: na zona norte, Betanzos, San Sadurniño, Betanzos, As Pontes e Seixurra (AG-55); na zona sur, Santiago, Vimianzo, Milladoiro, Baio, Ordes, Boiro (AG-11) e Pardiñas (AG-56).

No caso de Pontevedra, o departamento que dirixe Agustín Hernández dispón para este ano dun operativo que estará integrado por 31 maquinarias, como camións, cuñas, así como repartidores de sal e salmoira.

Os centros operativos desta provincia divídense en dúas zonas: norte, situados en Pontevedra e Lalín; e sur, localizados en Salvaterra e Couso. A este centros tamén se suman os centros de Mosteiro na AG-41 e do Toural na AG-57.

Estes centros disporán da maquinaria necesaria para o mantemento dos 2.800 quilómetros de estradas da Xunta na provincia de Pontevedra, con 7 silos e abastos con máis de 200 toneladas de sal e salmoira. Son un total de 139 estradas e supón máis de 109 postos de traballo.

 

También te puede interesar