Vigo al minuto

A plataforma SOS Xustiza, nace en Vigo para defender o dereito cidadán á tutela xudicial

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, xunto a presidenta de SOS Xustiza, Yolanda Aguiar/Tresyuno Comunicación

Denunciar as reformas lexislativas que alonxan aos cidadáns do seu dereito a tutela xudicial efectiva e que o impiden aceder á Xustiza, “vulnerando os seus dereitos” , defendendo a mesma coma un “servizo público”. Ese son parte dos motivos da creación do Colectivo ‘SOS Xustiza’, que empeza a andar en Vigo pero que ten covación de espallarse a outras cidades e lugares dentro e fora de Galicia.

Esta nova “plataforma cidadá” coma a definiu a súa presidenta, Yolanda Aguiar, e que está integrada xa por preto de 500 personas, “non so vencelladas ao mundo do dereito”, xurde do eido mobilizacións organizadas contra medidas do Goberno como a nova lei de taxas – o coñecido ‘Tasazo’ -ou a «privatización» do rexistro civil que, segundo denuciou Aguiar, “son parte das medidas que levan a un cambio no modelo de Estado” no que, lembrou, “non haberá dereitos se non é posible aceder á xustiza”.

A presidenta do novo colectivo salientou que hai reformas do Goberno que están a «superar unha liña vermella que non deberían traspasar, perxudicando aos sectores máis vulnerables», -reiterando como exemplo a lei de taxas ou os anunciados cambios no Rexistro Civil, “que o levan á súa privatización” como sinala o recorte “de máis do 2% nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2014” que, sinalou, non cumpren nin co “anunciado espítito do cobro de novas taxas xudiciais que, no seu día o ministro Gallardón dico que era para pagar a Xustiza Gratuita que, sen embargo, ten a súa asignación conxelada”.

A plataforma realizará estudios sobre os diversos proxectos lexislativos do Goberno -o primeiro será sobre a Lei de Demarcación e Planta Xudicial-, organizará charlas e participará en mobilizacións. De feito, acudirá ás protestas contra a nova lei de taxas convocadas para o próximo día 20.

Na presentación da plataforma tamén participou o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, quen considerou necesario que o Goberno «escoite a todas as profesións xurídicas e aos cidadáns”, engadiu que os preitos de consumo serán os «preitos do século XXI» e avogou por «adecuar» o proceso actual para que deixe de ser o preito tradicional de conflito individual.

Varela, referiuse á Lei de Demarcación e Planta e apostou por «contribuír ao debate», defendendo a súa postura de que a Xustiza non só estea centralizada en capitais de provincia senón que tamén exista acceso a ela en cidades como Vigo, Santiago e Ferrol.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.