RGPD - Cookies

Ignacio Vilar empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

Tras o éxito de ‘Pradolongo’ e ‘Vilamor’ , o director Ignacio Vilar  empezará a rodar en Ourense, o vindeiro día 15, a rodaxe de ‘A Esmorga’, baseada na obra mestra do mesmo nome escrita por Eduardo Blanco Amor.

O proxecto foi presentado este mércores en Ourense polo propio director, o conselleiro de Cultura, o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, o presidente da Deputación e o alcalde da capital.

Segundo salientou Vilar, o filme «respectará a novela porque xa ten moito de cinema», e subliñou que aproveitará os escenarios da cidade, utilizando «a atmosfera e o contido da novela, que traspasa o tempo porque as súas mensaxes teñen moito que ver co presente».

O conselleiro de Cultura remarcou que «este traballo é un proxecto moi ambicioso, moi importante para a literatura”. Pola súa banda, o director xeral da Editorial Galaxia destacou que, con esta película, se «recuperan vellos sonos» de levar a obra de Blanco Amor á «gran pantalla», un proxecto que, lles «enche de orgullo e de responsabilidade».

Ignacio Vilar xunto ao conselleiro de Cultura, o alcalde de Ourense e o presidente da Dpeutación, este mércores durante a presentación da rodaxe

A rodaxe alongarase ata o 30 de marzo do próximo ano e,segundo comunicou Vilar aos medios, a gravación prolongarase máis do habitual porque terán «en conta o tempo e a atmosfera, que é fundamental nesta obra». Desta forma, comentou que espera que a película estea lista para ser estreada nos cines en outubro ou novembro de 2014.

 

También te puede interesar