RGPD - Cookies
Comarcas

82 desempregados de Redondela buscarán a súa inserción laboral coa Xunta

Poucos concellos galegos contan coa posibilidade de desenvolver de xeito simultáneo e individual dúas iniciativas da Xunta de Galicia para fomentar o emprego entre os seus habitantes. Un deles é Redondela, onde 60 desempregados poderán beneficiarse do Plan integrado de Emprego e outros 22 do obradoiro «Emprega Verde». Un investimento total de 285.000 euros e 82 beneficiarios para favorecer a inserción laboral na comarca.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá 85.000 euros no Plan integrado de emprego en Redondela co que, a través dun itinerario integral de inserción que combina accións como formación, orientación, asesoramento e práctica laboral buscarase a inserción laboral de 60 usuarios. Mentres, os 200.000 euros do obradoiro «Emprega Verde» servirá para formar a 22 alumnos e alumnas nas especialidades de agricultura ecolóxica e dinamización cultural e de tempo libre cunha formación teórica e práctica homologada.

Estas iniciativas, das que se puxeron en marcha un total de 13 en toda a provincia, buscan mellorar a empregabilidade de persoas con maiores dificultades á hora de acceder a un posto de traballo.

También te puede interesar