RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

Segunda vitoria do Seis do Nadal Coia, na 1ª División senior masculina

O equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia desprazouse a Ourense para disputar o partido correspondente á terceira xornada da Liga 1ª División Sénior Masculina ante o Universitario Campus Ourense.

Despois de estrearse na Liga 1ª División Sénior Masculina, antiga Liga Primeira Nacional, con vitoria a domicilio a pasada semana en A Estrada o Seis do Nadal – Coia buscaba en Ourense a segunda vitoria na competición.

O conxunto dirixido por Sergio González e Francisco García entrou no partido cunha gran intensidade en todas as facetas do xogo, feito que se demostrou nos dous parciais conseguidos nos dous primeiros períodos: 7-13 no primeiro período e 5-15 no segundo.

Na reanudación do encontro na segunda metade o Universitario Campus Ourense intentou sorprender ao Seis do Nadal – Coia pero o equipo vigués conseguiu reaccionar e contrarrestar a ofensiva ourensá entrando no último período cun 24-40 no marcador. No último período o Seis do Nadal – Coia volveu a dominar o ritmo do partido e conseguiu aumentar a diferenza e rematar o partido cun 38-58.

Deste xeito o Seis do Nadal – Coia, máximo representante do baloncesto vigués, comeza a súa andanza na competición contando os seus partidos en vitorias, a semana pasada ante A Estrada e nesta xornada ante o Universitario Campus Ourense.

A próxima semana o Seis do Nadal – Coia, no primeiro partido do equipo no pavillón de Navia, recibirá ao forte conxunto do Básquet Coruña (sábado 9 de novembro ás 20:15 horas).

Ficha técnica:

Universitario Campus Ourense (38): Rodríguez J. (9), Pérez I., Pérez M.A. (4), Gómez (2), Santorum (9) – cinco inicial –  Feijoo (2), Rodríguez J.M. (3), González J.A, González J., López, Eirey (9)

Seis do Nadal-Coia (58): Jose Álvarez (9), Javier Domínguez (4), Eduardo Fernández (3), Óscar García (23), Víctor Alonso (14) – cinco inicial – Alesander Pérez (2), Fernando Mouriño (3), Joaquín Rodríguez (0), Pablo Vázquez (0)

Árbitros: Lázare J.M. y Rodríguez A. Señalaron 19 faltas a Universitario Campus Ourense y 14 faltas a Seis do Nadal – Coia.

Parciales: (7-13), (5-15), (12-12), (14-18).

 

También te puede interesar