RGPD - Cookies
Cultura

Galicia ‘apaja o candil’

Galicia é a comunidade con menor consumo de televisión no mes de outubro, cunha media de 218 minutos por persoa e día, fronte á media estatal de 242 minutos.

Segundo un informe elaborado por Barlovento Comunicación a partir de datos de Kantar Media, un total de 776.000 españois non viron nin un só minuto a televisión no mes de outubro, o que supón un 2% do total da poboación televisiva en España.

Así mesmo, o informe reflicte que o consumo de televisión descendeu ao longo do mes pasado en comparación co mesmo mes do ano anterior, nove minutos menos: en total, situouse por enriba das 4 horas diarias por persoa e día, en 242 minutos -4 horas e 2 minutos -.

Por comunidades autónomas, Aragón e Andalucía encabezan o ranking, con 259 e 255 minutos de consumo de televisión por persoa e día, respectivamente, mentres que Canarias e Galicia son as de menor consumo, con 225 e 218 minutos por persoa e día.

En canto ás diferentes tecnoloxías que se usan para ver a televisión, o consumo de TDT (83,2%) aumenta dúas décimas en setembro, mentres que o cable e o satélite baixan dúas décimas (12,8% e 4%, respectivamente). Cataluña é a rexión que máis consume a través de TDT. País Vasco e Asturias as que máis o fan utilizando o cable, e Canarias o satélite.

 

También te puede interesar