RGPD - Cookies
Comarcas

Se Nova Iorque é a ‘gran manzana’ Riós é a ‘gran castaña’

Este sábado e domingo, días 2 e 3 de novembro, o concello ourensán de Riós celebra a súa xa tradicional ‘Festa da castaña e do cogomelo que, como lembra un dos seus principais impulsores, e veciño do lugar, o actor Rubén Riós, “serve para poñer en valor estes dous productos típicos da nosa terra”. Durante a fin de semana haberá postos de venda de castañas, cogumelos, artesanía, textil, mesmo maquinaria, para todas as personas que se acheguen a esta fermosa parte de Galicia.

O sábado, ás 6 da tarde, será a inauguración das exposicións de castañas e de artesanía local; ás 7 haberá un recital e concertó de Emilio Rúa e o grupo de cantareiras ‘Xestreu’; ás 8, na Praza do Toural, celebración do ‘Magosto Popular’ con castañas, panceta, chourizos e debida, a un prezo de 5 € -podendose comprar as entradas en bares e tendas de Riós ate o venres, día 1. Ás 9 da noite, na mesma praza, o día rematará cun ‘discomóbil’ para todos os públicos.

O domingo, ás 9 e media da maña, na Praza do Toural, saída do ‘Tour Ciclista da Castaña’; ás 10 e media, no recinto feiral, a apertura dos postos da feira e, no Multiusos, reapertura das Exposicións de Castañas e Artesanía. Ás 11 e 12 e cuarto, pasarruas da Banda de Gaitas do Concello e, ao mediodía, recepción das autoridades e visitas aos postos, xusto antes de iniciar, á 1, a degustación de chourizos, cogomelos, castañas asadas e viño a un prezo anticrisis total: 1,5 €.

Unha hora máis tarde, entrega de premios do Tour ciclista e, á mesma hora, os asistentes poderán disfrutar dos menús especiais nos restaurantes do concello a 10 € e das pulpeiras no recinto feiral.

Xa  pola tarde, ás 5, música cunha destacanda charanga, que fará as delicias do personal para pechar, oficialmente a Feira –oficialmente, que non realmente – ás 8.

 

También te puede interesar