Galicia

O número de galeg@s matriculad@s nas Escolas Oficiais de Idiomas medrou un 52,5% en cinco anos

O número de alumn@s das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia medrou un 52,5% dende 2008, segundo os datos coñecidos este venres. O número total para este curso é de 34.812, mentres que no 2008-2009 foi de 11.981.

O idioma con máis estudantes é o inglés, con 22.715 matriculados; seguido do francés -4.355-; alemán -3.101-; italiano -1.727-; portugués -1.237-; chinés -500-, xaponés -397-; galego -390-; castelán -176-; árabe -122-; e ruso -92-.

As escolas oficiais de idiomas das cidades de A Coruña e Vigo son os dous centros con máis alumnos, xa que superan as 5.000 persoas. En A Coruña é a escola de idiomas con máis alumnos de inglés (2.615), seguida de Vigo (2.570), Ourense (1.721), Ferrol (1.488) e Santiago (1.199).

 

También te puede interesar