Vigo al minuto

O BNG califica de “indecente” que o Concello non pagase ainda as axudas ás familias necesitadas

Iolanda Veloso, voceira do grupo municipal do BNG

O grupo municipal do BNG calificou este mércores de “indecente” que o Concello non executara a totalidade das partidas destinadas a bolsas de comedor e libros, e ao plan social de axuda para familias con necesidades.

Iolanda Veloso, criticou que o goberno local dispoña desas partidas dende hai meses e “non dá ningunha explicación” de por que non se executan. “Para outras apresúranse máis. En menos dun mes fixeron unha amortización de crédito para dar axudas a unha aerolínea”, denunciou a voceira do BNG.

A concelleira lembrou que hai familias que aínda non teñen resposta sobre se obterán bolsas para libros ou para o comedor escolar, e que o plan social de axudas a familias se atrasa por dificultades na tramitación, cando “non hai complexidade que xustifique esa demora”.

Veloso denunciou que ”o goberno non é capaz de xestionar os seus propios recursos, sobre todo cando hai familias viguesas que non poden afrontar as súas “necesidades máis básicas”.

En resposta ás críticas do BNG, o alcalde salientou que son “acusacións infundadas”, e apuntou que as axudas para escolares “están concedidas”.

Falando do plan de axudas a familias, Caballero lembrou que a súa tramitación foi moi complexa, polas dificultades para localizar algúns dos cidadáns que optaban ás axudas e emendar deficiencias nas solicitudes.

O alcalde adiantou que “de forma inmediata“, pagaranse esas axudas, de máis de 1.000 € por familia, e reprochou aos nacionalistas que critiquen a iniciativa, en lugar de propoñer ao seu partido que “copie” ese plan alí onde goberna, por exemplo, no Concello de Pontevedra.

 

También te puede interesar