RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo anuncia que as fincas que pasen a mans de labregos non pagarán nen sucesións nen donacións

O presidente Feijóo anunciou este mércores que a Xunta traballa nun ha nova reforma fiscal que permitirá que as herdanzas ou traspasos de fincas que pasen a mans de labregos non paguen o imposto de sucesións e donacións.

Feijóo fixo este anuncio na sesión de control ao Goberno, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta do voceiro do BNG, Francisco Jorquera, quen acusou ao presidente de “engañar aos galegos” coa rebaixa do tramo galego do Imposto da Renda das Personas Físicas (IRPF) que, subliñou, “supón, seica unha media de 3,5 € ao mes”.

Jorquera dirixindose ao presidente engadiu, “seguen preferindo roubar aos de abaixo para darllo aos de arriba”, e fixo mención da eliminación da gratuidade universal dos libros de texto, da subida dos comedores escolares, “e os repagos sanitarios que fixeron que nunca a posibilidade de sobrevivir a un cancro dependese tanto dun enfermo”.

Ante estas acusacións, o presidente Feijóo defendeu a súa política fiscal “que ten coma obxectivo garantir os servizos públicos de todos, beneficiar aos que teñen menos renda e mellorar a competitividade”. O xefe do executivo galego engadiu que seguirá por este camino e, tras anunciar a medida que afectará ás fincas pediulle ao BNG que lle dera o seu apoio.

 

También te puede interesar