Vigo al día

O alcalde anuncia prioridade para os 11.600 ciclomotores e 22.000 que circulan por Vigo

O alcalde asegurou este martes que facilitar a circulación das motos pola cidade é “prioritario” dado que “é un sistema que elimina coches da rúa e facilita a fluidez do tráfico”. En base a este principio, Abel Caballero salientou que o goberno local tomou distintas medidas para conquerir este obxectivo dado que, lembrou, hoxe, as motos suponen o 17% de todo o parque móbil de Vigo, “xa circulan pola cidade 11.600 ciclomotores e 22.000 motos”.

Entre esas medidas enumerou a creación de espazos adiantados de seguridade para estos vehículos nos semáforos da Avenida de Madrid coa Praza de España, na Avenida de Castrelos con Praza de América, na rúa Brasil, na Falperra, en Arquitecto Palacios, en Pintor José Frau e na propia Pintor Lugrís, aos que se sumarán “en todos aqueles semáforos onde sexa posible”, e citou como inmediatos os que se habiliten nas novas humanizacións.

Ademáis, dixo, as motos xa poden circular por 17 carris bus da cidade, “prácticamente todos agás un tramo de Pizarro, entre Honduras e Praza de España, Colón, entre Uruguai e García Barbón e San Amaro, entre Barcelona e Praza de España, or motivos de seguridade e polos sensores de tráfico que piorizas aos autobuses”. Neste senso, o alcalde advertiu que aumentará a vixiancia nos debanditos carrís para evitar que sexan empregados por vehículos distintos de motos, taxis e autobuses, “aplicándose as multas correspondentes”.

Por último, asegurou que seguirán creándose aparcamentos para motos, “en 2007 había 200, este ano rematará con casi 2.000, e o proxecto es que se habiliten moitos máis tendo en conta o número de personas que se moven en moto por Vigo”.

Máis semáforos

Ademáis destas medidas, Abel Caballero adiantou que xa está en marcha a primeira fase do plan de instalación de novos semáforos en distintos puntos da cidade. O Concello disporá un na rúa Venezuela que ocupe todo o parque infantil, tres na Avenida de Castelao -á altura dos números 17, 41 e 71, retirando ademáis os pasos elevados-, en Clara Campoamor -no acceso ao parque empresarial de Valadares-, en Gran Vía 144 -para o acceso ao centro comercial-, dous en Areal -á altura da rúa Oporto e de Canceleiro-, Álvaro Cunqueiro-Zaragoza 61 coa rúa Regueiro, dous en Hispanidade -á altura do número 44 e do 90-, dous máis na Avenida das Camelias -ao remate da humanización en marcha- e un máis en Beiramar -á altura do Auditorio-, “como medida de mellorar a mobilidade e reducir os accidentes, sen afectar ao tráfico”.

 

También te puede interesar