Deportes

O Seis de Nadal-Coia estréase con victoria na Primeira División Senior Masculina

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia debutou na Liga 1ª División Sénior Masculina, antiga Liga Primeira Nacional, sendo o primeiro partido nos trinta anos de historia do club nesta competición.

O equipo desprazábase a vila de A Estrada para enfrontarse ao Mimela EDM A Estrada, equipo con experiencia na categoría nas pasadas tempadas. Tras unha gran entrada no partido dos xogadores de Sergio González (9-18 no primeiro período), o Seis do Nadal – Coia conseguiu manter a diferenza no marcador ata o tempo de descanso (27-35).

Na segunda metade o Seis do Nadal – Coia foi capaz de continuar coa liña ofensiva e defensiva que lle permitiu ir por enriba no marcador toda a primeira metade. Ao final do terceiro período continuaba a vantaxe no marcador (39-46). No último período do encontro a ilusión por comezar con vitoria a andanza na competición fixo posible que o Seis do Nadal – Coia se impuxera ao EDM A Estrada (55-68).

A próxima semana o Seis do Nadal – Coia, equipo de maior categoría do baloncesto vigués, viaxará a Ourense para enfrontarse ao Univeristario Campus Ourense.

Ficha Técnica:

Mimela EDM A Estrada (55): Magariños (8), Chao L. (0), Pernas (17), López (0), Fernández (8) – cinco inicial – Constenla (3), Ferreira (0), Bartolomé (0) , Chao O. (11), Barcarcel (2), Sande (6)

Seis do Nadal-Coia (68): Jose Álvarez (8), Alesander Pérez (2), Eudardo Fernández (6), Óscar García (11), Víctor Alonso (19) – cinco inicial – Javier Domínguez (12), Xoán Domínguez (0), Fernando Mouriño (1), Joaquín Rodríguez (0), Javier González (4), Pablo Vázquez (0), Alexandre Pérez (5)

Árbitros: Seoane D. y Cuenca P. Señalaron 23 faltas a Mimela EDM A Estrada y 23 faltas a Seis do Nadal – Coia.

Parciales: (9-18), (18-17), (12-11), (16-22).

 

También te puede interesar