RGPD - Cookies
Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 69 persoas implicadas en 46 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e as medianoite deste luns.

Durante eses días, a Central de Coordinación do 061 recibiu 52 chamadas en relación con accidentes de tráfico, que xeraron 46 asistencias. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 27 accidentes.

Por provincias, o maior número de accidentes rexistrouse en Pontevedra, con 19 sinistros; seguida de A Coruña, con 18; Lugo, con 5; e Ourense, onde tiveron lugar catro accidentes. En canto aos feridos, o 68% foron homes e o 32% mulleres. O 44% dos lesionados tiña entre 20 e 34 anos.

En total, mobilizáronse 60 recursos sanitarios. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 49 ocasións e os médicos de Atención Primaria acudiron a tres accidentes. As ambulancias convencionais participaron en cinco asistencias.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 10 foron atendidos no mesmo lugar do accidente sen necesitar traslado e seis desprazáronse a un centro de atención primaria.

 

También te puede interesar