RGPD - Cookies
Galicia

Empeza a folga de trens

O Ministerio de Fomento fixou servizos mínimos que garanten a circulación do 72% dos trens AVE e de longa distancia, o 63% dos de media distancia e do 50% dos de proximidades programados, ante o calendario de paros e folgas que CGT e o Sindicato Ferroviario convocaron para esta semana.

Os sindicatos chaman aos traballadores de Adif e Renfe a secundar paros parciais este luns, marte e mércores,días 28, 29 e 30 de outubro e unha xornada folga de 24 horas o xoves, día 31, en vésperas da ponte de Todos los Santos.

Con estas mobilizacións, Sindicato Ferroviario e o sector ferroviario de CGT buscan manifestar o seu rexeitamento á segregación en catro sociedades prevista en Renfe e a división en dúas compañías formulada en Adif, así como aos axustes de persoal previstos nas dúas empresas públicas.

Ante esta convocatoria, os servizos mínimos establecidos por Fomento garanten a circulación de polo menos o 72% dos trens AVE e de longa distancia inicialmente programados para esas xornadas. No caso dos servizos de media distancia, garántese o 63% dos mesmos, mentres que para proximidades se fixaron servizos mínimos do 50%, porcentaxe que se eleva ata o 75% nos períodos de hora punta.

No caso de Adif, Fomento inclúe na carta de servizos mínimos ao 17,7% dos traballadores do cadro de persoal co fin garantir que se prestan os servizos básicos para a circulación ferroviaria nas tres xornadas de paro parcial -do o 28 ao 30 de outubro – e o 19,92% dos empregados na xornada de folga xeral do 31 de outubro.

 

También te puede interesar