Galicia

Centos de Afectados polas Preferentes denuncian en Compostela que ainda faltan 500 millóns dos seus aforros

Centos de Afectados pola compra dePreferentes e Subordinadas, emitidas polas desaparecidas caixas de aforro galegas, saíron este sábado á rúa en Compostela para esixir a devolución dos seus aforros e lembrar que aínda quedan “500 millóns de euros sen devolver”, e denunciar que o 60% dos aforradores ainda non teñen nen unha solución nen os seus cartos.

A marcha convocada por Adicae como noutras cidades españois, contou co apoio de plataformas de afectados de toda Galicia, así como de representantes políticos como o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence.

Durante o seu percorrido os manifestantes cantaron consignas como “nós a aforrar, eles a roubar” e portaron pancartas nas que se podía ler lemas como ‘Cos cartos dous currantes viven os mangantes’, ‘Non hai pan para tanto chourizo’, e referencias aos presidentes da Xunta e do Goberno.

 

También te puede interesar