Vigo al minuto

O paro baixou no terceiro trimestre en 11.100 personas, pero medrou en 41.500 nun ano

O paro descendeu en Galicia en 11.100 persoas no terceiro trimestre deste ano o que, dacordo cos datos da enquisa de Poboación Activa, supón unha baixada do 3,85% en relación co trimestre anterior. O total de galeg@s desempregad@s era, a peche de setembro, de 277.100, un 21,59% daquel@s que están en idade de traballar.

Nos tres meses pasados crearonse 7.700 empregos netos en Galicia, co que o total de empregad@s era de 1.006.200, unha cantidade un 4% menor que no mesmo periodo de 2012, o que sinala que nun ano destruironse 41.500 empregos – máis de catro cada hora.

A taxa de ocupación en Galicia situouse no 54,66%, por debaixo do 54,72% rexistrado no segundo semestre. En concreto, hai 532.600 homes ocupados -o 60,8%- e 148.400 parados -o 21,8%-; en canto ás mulleres, son 473.600 ocupadas -o 49,07%- e 128.600 desempregadas -o 21,36%-.

Por provincias, a maior taxa de paro corresponde a Ourense, cun 24,77% de desempregados; mentres que en Pontevedra é do 24,33%; en A Coruña, do 19,89% e en Lugo, do 16,85%.

 

También te puede interesar