Vigo al minuto

Maís de 5.000 personas móllanse en Vigo decindo ‘Non’ á ‘Lei Wert’

Unha das moitas 'faixas' que sairon este xoves polo centro de Vigo/Tresyuno Comunicación

Máis de 5.000 personas-na sua maioría alumnos e profesores de diferentes centros- secundaron este xoves a chamada feita pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e sairon en manifestación dende a Praza de España baixo o lema ‘Non á Lomce’, no que é o acto final da folga neste sector, e que, á mesma hora convocou a milleiros máis de estudantes, Mestres e país nas outras grandes cidades de Galicia.

Cabeceira da manifestación/Tresyuno Comunicación

Como salientou unha das representantes da Plataforma, a folga está motivada polo feito de que a coñecida coma ‘Lei Wert’ “pretende a privatización do sistema educativo, foi aprobada sen escoitar os argumentos dos profesores, dos estudantes e dos país; leva a un sistema no que o aceso á Educación estará en función, non das capacidades intelectuais ou o esforzó, senon que se baseará na capacidade económica das familias dos estudantes”.

Outro dos grupos de manifestantes, esta mañá/Tresyuno Comunicación

Ademáis, a Plataforma, integrada por distintas asociacións sociais, subliña que a ‘Lei Wert’ acaba co galego no ensino, impoñendo como lingua obrigatoria o castelán, “crea unha educación confesional, onde a relixión católica pasa a ser unha materia principal” e permite que as administración públicas “desvíen cartos a centros privados que separan aos seus alumnos por sexo”, desatendendo as necesidades dos colexios públicos onde estudan a maioría dos rapaces e rapazas do país.

Membros do IES de Teis/Tresyuno Comunicación

A manifestación desta mañá é a primeira das dúas convocadas este xoves en Vigo, a segunda, secundada por CCOO e UGT, entre otros, sairá ás 7 e media da tarde do cruzamento de Urzáiz con Vía Norte, para rexeitar os recortes emobilizarse “contra o decreto de bolsas e axudas, contra a privatización e a favor duns servizos públicos e de calidade”. A mesma coincidirá con manifestacións nas sete grandes cidades galegas, ademais de no Barco de Valdeorras e Vilagarcía de Arousa.

Polo que atingue ao seguimento da folga, segundo os convocantes, a mesma tivo unha resposta “masiva” que, indicaron supera o 90%dos alumnos e achégase ao 70% dos profesores, datos que contrastan cos de Educación que reduce o mesmo ao 20%.

 

También te puede interesar