Sucesos

Ferido ao quedarlle atrapada a cabeza nunha máquina

Un traballador resultou ferido nun accidente laboral,este mércores, ao quedarlle atrapada a cabeza nunha máquina nunha fábrica do concello de Bueu.

Segundo o 112, o percance tivo lugar preto das 8 e media da mañá nunha fábrica no polígono industrial Castiñeiras. Inmediatamente, foron mobilizados os Bombeiros de Bueu, o 061 e a Garda Civil, que explicou que o operario foi liberado polos seus compañeiros, tras o que o trasladaron en ambulancia ao hospital vigués Povisa.

 

También te puede interesar