Galicia

Despedidos os 80 traballadores de Alimentos Lácteos

Os 80 traballadores de Alimentos Lácteos recibiron este martes o auto de extinción definitiva dos seus contratos, segundo informou o Comité de Empresa. Con data de 15 de outubro notificouse a devandita extinción, co que será dende ese momento cando se calculen «como quedan as liquidacións dos traballadores».

A partir de aí, segundo o Comité, haberá que concretar «os pasos a seguir para tramitar o expediente a través do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que vai ser o máis inmediato e a única garantía que teñen os traballadores». Ademáis, haberá que agardar ao final do proceso de liquidación da compañía– que estaba na planta de Leite Pascual do concello lucense de Outeiro de Rei-.

Segundo os sindicatos, o único de valor que lle queda a Alimentos Lácteos é as súas dúas marcas que comercializaron no seu momento, ‘Deleite’ e ‘Muu’, que poderían saír á venda por un prezo de máis dun millón de euros.

En canto ás indemnizacións, a Confederación Intersindical Galega ( CIG) confía que sexan «superiores aos vinte días por ano traballado que fixa a lei», aínda que na práctica “queda por ver como remata o proceso concursal xa que, a día de hoxe, os traballadores non teñen máis garantía que o Fogasa».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.