Achégase o aumento do recibo da recollida do lixo

O mesmo foi adiantado este luns pola conselleira de Facenda quen, en declaracións á Radio Galega xustificou o incremento dos precios que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) aplicará aos concellos aos que presta os seus servizos. Elena Muñoz recoñeceu que o mesmo repercutirá no recibo da recollida do lixo que temos que pagar os cidadáns e explicou que elo débese a que a empresa pública precisa, logo da modificación da normativa estatal, “garantir o equilibrio das súas contas e a viabilidade futura”.

Esté é o motivo polo cal aprobouse un ‘plan de viabilidade’ no que se establece que debe cambiar a tarifa para poder seguir prestando os seus servizos. O incremento é de “arredor do 30%” no prezo que cobra aos concellos e que estes repercutirán en menor medida aos cidadáns.

Muñoz, asimismo, desbotou a posibilidade de que @s [email protected] teñan que pagar por circular polas autovías, que ainda son gratuitas, ainda que subliñou que a Xunta “segue moi preto” a situación das empresas concesionarias das infraestructuras- como á da Autopista – “para garantir que a prestación do servizo se poida materializar independentemente da situación económica”. Eso sí, a conselleira engadiu que, en relación coas dificultades que atravesan algunhas concesionarias, “hai que ter claro que a situación é difícil e a obriga da administración pública é garantir a prestación de todos os servizos”.

 

También te puede interesar