RGPD - Cookies
Comarcas

Seguen pechadas casi todas as bateas galegas

A presenza de toxinas nas augas das rías galegas mantén pechados case todos os polígonos de bateas de cultivo de mexillón de Galicia, a excepción dun en no concello coruñés de A Pobra do Caramiñal, outros dous en Cambados e cinco en Redondela.

A virulencia deste episodio provoca que a toxicidade tamén afecte a berberecho, ameixa, e navalla en zonas de marisqueo como Cariño-Ortigueira e Corcubión-Fisterra que xa recibiron, este xoves,  a comunicación de que quedaba prohibida a extracción ao detectar o Instituto Tecnolóxico para O Control do Medio Mariño (Intecmar) toxinas lipofílicas nas augas.

Sí que permanecen alleas á marea vermella as zonas de recolección do litoral da provincia de Lugo -Ribadeo, Foz, Viveiro, Vicedo-Barqueiro -, unha área de Ferrol e as dous de Ares-Betanzos, Baldaio, catro de Arousa, dous de Pontevedra e unha de Vigo.

 

También te puede interesar