Galicia

Milleiros de personas maniféstanse en Compostela ‘polo emprego’

Dous milleiros de personas atenderon este sábado á convocatoria da Confederación Intersindical Galega (CIG) e acudiron á manifestación convocada en Compostela ara esixir «medidas contra o paro» e que o Goberno galego «deixe de mirar para outro lado mentres amplos sectores da sociedade padecen situacións realmente dramáticas».

Baixo o lema ‘Sen emprego non hai futuro’ a concentración é parte da campaña ‘Cen medidas polo crecemento económico’, que a central iniciou hai semanas e que está a percorrer toda Galicia propoñendo “outras políticas que favorezan a creación de emprego e a reactivación económica».

Segundo o secretario xeral da CIG, o emprego é hoxe o principal problema do país xa que “milleiros de homes e mulleres viven nunhas condicións económicas que as achegan a unha situación de pobreza e exclusión social”. Segundo salientou Suso Seixo, a eles súmanse “@s galeg@s maís nov@s que teñen que emigrar, a caída en picado dos salarios e unha precarización xeral das condicións laboráis”.

Seixo incidiu no feito de que son posibles outro tipo de políticas que favorezan a creación de emprego e que é a Xunta quen “ten que deixar de mirar a outro lado e botarse froles mentres moitos cidadáns están pasando situación anguriosas”. Na súa opinión non é certo que a única alternativa sexan os recortes a a austeridade, “nos temos outras propostas” que levarán, en forma de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) ao Parlamento de Galicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.