Vigo al minuto

O Concello tirará dúas casas no cruce de Peniche para facer unha rotonda no seu lugar

O alcalde declarou este xoves que o Concello iniciará a «ocupación directa» de dúas parcelas con edificacións na esquina de Pi i Margall con Tomás Alonso – o popular cruce de Peniche- e acometerá o derrubo de dous inmobles, que están en moi mal estado “producen un estreitamento importante na zona”.

Abel Caballero asegurou que o Concello asumiu a titularidade dos terreos e, no prazo dun mes, empezará a demolición para facer un “novo ámbito”, cunha rotonda, “entre estas catro importantes rúas».

Ademáis, indicou o alcalde, o concello aprobou a modificación da humanización da rúa Menéndez Pelayopara eliminar un «calexón» situado no medio da vía o que suporá a ampliación do entre o número 13 e 15, cun convenio de cesión gratuita de propietarios. Segundo os técnicos trátase dunha obra de grande complexidade dado que hai uns muros de contención, con edificios aos lados, que obrigarán a retrasar o remate da obra ata finais deste ano.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.