El Imán reivindica e solicita no rexistro do Concello un local para o programa ‘Sereos’

O grupo de autoapoio El Imán-Cedro entregou este xoves un escrito no Concello no que solicita que o programa Sereos se desenvolva nun local e non nunha caravana como dende hai máis de dous meses.

Integrantes deste grupo colocaron unha faixa reivindicativa na Praza do Rei e fixeron unha  representación na que un dos ‘actores’ arrastrábase polo chan para coller un bocadillo mentres outras persoas o insultaban. Foi deste xeito como chegaron ate as portas do Concello e logo ate o mostrador do Rexistro no que entregaron unha solicitude oficial pedindo que reabra o antigo local de Sereos, en Elduayen, mentres non se atopa unha nova localización para o programa ‘café e calor’.

O coordinador de El Imán, Antón Bouzas,declarou que o alcalde “está desinformando a opinión pública cando di que coa reforma local Sereos pasará a ser competencia da Xunta” salientando que non é así e pedindo a Abel Caballero que reflexione sobre a súa decisión e abra xa un local para @s usuari@s deste servizo. “Esta situación é unha humillación”, subliñou, insistindo en que ‘Sereos’, “un dos mellores programas da cidade, non pode facerse nunha caravana na vía pública”.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar, Isaura Abelairas, afirmou que o Concello traballa en atopar unha solución “entre todos” e censurou a “hipocrisía” en estos temas xa que, engadiu, “todos queren unha solución pero ninguén a quere á porta da súa casa”.

 

También te puede interesar