El Imán reivindica e solicita no rexistro do Concello un local para o programa ‘Sereos’

O grupo de autoapoio El Imán-Cedro entregou este xoves un escrito no Concello no que solicita que o programa Sereos se desenvolva nun local e non nunha caravana como dende hai máis de dous meses.

Integrantes deste grupo colocaron unha faixa reivindicativa na Praza do Rei e fixeron unha  representación na que un dos ‘actores’ arrastrábase polo chan para coller un bocadillo mentres outras persoas o insultaban. Foi deste xeito como chegaron ate as portas do Concello e logo ate o mostrador do Rexistro no que entregaron unha solicitude oficial pedindo que reabra o antigo local de Sereos, en Elduayen, mentres non se atopa unha nova localización para o programa ‘café e calor’.

O coordinador de El Imán, Antón Bouzas,declarou que o alcalde “está desinformando a opinión pública cando di que coa reforma local Sereos pasará a ser competencia da Xunta” salientando que non é así e pedindo a Abel Caballero que reflexione sobre a súa decisión e abra xa un local para @s usuari@s deste servizo. “Esta situación é unha humillación”, subliñou, insistindo en que ‘Sereos’, “un dos mellores programas da cidade, non pode facerse nunha caravana na vía pública».

Pola súa banda, a concelleira de Benestar, Isaura Abelairas, afirmou que o Concello traballa en atopar unha solución “entre todos» e censurou a «hipocrisía» en estos temas xa que, engadiu, «todos queren unha solución pero ninguén a quere á porta da súa casa».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.