RGPD - Cookies
Comarcas

O mestre Groba compón a marcha galega As Neves en recoñecemento á tradición musical da vila

Decenas de personas, entre as que se atopaban o alcalde nevense, Raúl Emilio Castro, e destacadas personalidades do mundo da música, asistiron o pasado domingo, no auditorio Municipal ‘Vázquez Portomeñe’, á presentación da ‘Marcha Musical Galega As Neves’, composta polo profesor Rogelio Groba, un dos compositores galegos contenporáneos máis recoñecidos, promotor da Sinfónica de Galicia e autor de máis de cincocentas obras musicais.

A mesma foi interpretada pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo, de Ponteareas, terra natal do mestre Groba, e a Banda de Música Popular de Rubiós, que o pasado 2012 cumpriu 25 anos de vida, e que con motivo de aquella ocasión tamén estrenou unha marcha, naquel caso composta polo profesor José Iglesias Ramilo.

A ‘Marcha Musical As Neves’, foi adicada polo seu compositor ao lembrado Oswaldo Lino González Pereira, que fora alcalde de As Neves e que, en 1983, foi o impulsor do rexurdimento da Banda Musical de Rubiós.

 

También te puede interesar