RGPD - Cookies
Galicia

Chegan «tempos duros» para os productores galegos de mexilón

Quen o dixo así, este mércores, nunha entrevista concedida á Radio Galega, foi a directora do  Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) quen se referiu aos polígonos de bateas situados nas bocas das rías galegas, afectadas por un virulento episodio de marea vermella dende comezos deste mes.

Covadonga Salgado salientou que«é difícil predicir cánto pode durar» este fenómeno, «totalmente natural», pero lembrou que que «a escala temporal dos peches á extracción derivados por estas situacións é de semanas ou de meses».

Salgado non deixou oco para a especulación e afirmaou que “loxicamente, os polígonos que alcancen niveis máis altos de toxicidade van demorar máis tempo en desintoxicarse», e sinalou que cando falaba de semanas ou meses referíase “máis ao mexillón cultivado en viveiros flotantes e quizais non tanto así a bancos marisqueiros”.

A directora do Intecmar salientou que a particularidade desta marea vermella é «que afecta por primeira vez, no que aos rexistros do Intecmar respecta , a ambos os dous moluscos, o mexillón en batea e o denominado infaunal, como ameixa, berberecho e navalla”.

Como publicou vigoalminuto, este martes, o instituto autorizou a extracción nunha ducia de zonas: cinco de viveiros flotantes, tres de molusco infaunal en xeral e catro unicamente para a navalla e o longueirón. Esta reapertura produciuse en dúas áreas de Vigo, cinco de Redondela, tres de Pontevedra, unha de Arousa e outra de Muros e Noia.

Pese a elo, permanecen pechados a maior parte dos polígonos de bateas da comunidade e un elevado número de bancos marisqueros, en Carmariñas, Cedeira, Ferrol, O Burgo, Corme e Laxe, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

 

También te puede interesar