Sucesos

Un mariñeiro de Marín morre acoitelado polo cociñeiro do barco no que faenaba no Atlántico Sur

Un veciño de Marín de 45 anos de idade morreu tras ser atacado cun coitelo por parte do cociñeiro do barco no que faenaba, en augas do Atlántico Sur. Outros tres tripulantes resultaron feridos, un de eles, o patrón de pesca, de Cangas do Morrazo.

Ainda que trascenderon este martes, os feitos producíronsea noite do pasado venres ao sábado, cando, por motivos que se descoñecen, se produciu o ataque por parte do cociñeiro. Outros tres tripulantes, un cangués, un portugués e outro indonesio, interpuxéronse para evitar a agresión e resultaron feridos, de feito, o mariñeiro de Cangas chegou a ter que refuxiarse na ponte da embarcación para evitar ser atacado tamén.

Estes mariñeiros faenaban a bordo dunha embarcación palangreira de bandeira portuguesa, o «Príncipe dás marés» que, logo do acontecido, puxo proa a Cabo Verde, a onde está previsto que chegue entre o 21 e o 22 de outubro, e onde pasará a mans das autoridades locais para facerse cargo do presunto agresor e do cadáver.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.