Vigo al minuto

Centos de traballador@s acuden á ‘Marcha polo Emprego de Vigo’, convocada pola CIG

A marcha polo emprego de Vigo, na que participaron varios centos de persoas a pesar da intensa choiva, partiu do local da CIG do Porriño pasadas as 9 e media da mañá e abandonou o núcleo urbano tras percorrer a rúa onde se sitúa a casa consistorial. Á cabeza da comitiva ía o secretario comarcal, Serafín Otero, xunto a outros membros da Executiva, portando unha faixa co lema “Pola defensa do emprego”.

Tras eles, centos de desempregados, traballadores e delegados da central nacionalista que non pararon de berrar consignas contra as políticas do Goberno do Estado e da Xunta que, subliñaron, “afondan no paro e na precariedade laboral”. A marcha rematou diante do edificio da Xunta antes da 1 e media coa intervención do responsábel comarcal e a intepretación do Himno galego.

Otero agradeceu a todos os presentes o seu comprimiso coa defensa dos intereses da clase traballadora e incidiu na dramática situación de desemprego que padece a bisbarra, “con arredor de 80.000 persoas no paro” a causa da destrución do 60% do tecido industrial a causa da crise económica.

Fronte a isto, chamou a rexeitar na rúa as políticas que afondan na destrución de postos de traballo e na precariedade laboral e a “expulsar o PP dos Parlamentos galego e español”. Neste senso, lembrou que a CIG de Vigo ten convocado un día de loita na cidade para este xoves 17 no que se realizarán accións de protestaen distintos puntos organizadas polas federacións entre as 11 e media e as 12 e media.

 

También te puede interesar