Pechados todos os polígonos de produción de mexilón de Galicia

Dende as 8 da maña deste luns, están pechados todos os polígonos de produción de mexillón de Galicia ao sumarse ás prohibicións efectivas outras preventivas derivadas do cambio de vento a compoñente sur nas costas galegas, o que pode orixinar “unha extensión do proceso tóxico cara a zonas que permanecen abertas”.

O informe do Intecmar de última hora do sábado, comunica que se procede ao peche preventivo das zonas de produción de mexillón cultivado en viveiros flotantes que ata agora permanecían abertos – seis na na ría de Vigo e tres na Ría de Arousa- ata que “se dispoña dos datos analísticos” das zonas.

Os peches non afectan os bancos marisqueros e tampouco están afectadas as extraccións que se fixeran nas últimas horas, posto que a afectación pola toxina, de ratificarse, se producirá a partir do cambio de vento.

A directora do Intecmar xa avisara o sábado que a marea vermella “aínda pode empeorar”, posto que ” estamos nun episodio ascendente” de presenza de toxina nas rías galegas.

O sábado estaban pechados todos os polígonos de viveiros flotantes de mexillón en Galicia debido aos dinoflagelados tóxicos -producidas por algas que son tóxicas e das que se alimentan os molusco – salvo tres na ría de Arousa e seis na ría de Vigo.

 

También te puede interesar