Pechados todos os polígonos de produción de mexilón de Galicia

Dende as 8 da maña deste luns, están pechados todos os polígonos de produción de mexillón de Galicia ao sumarse ás prohibicións efectivas outras preventivas derivadas do cambio de vento a compoñente sur nas costas galegas, o que pode orixinar «unha extensión do proceso tóxico cara a zonas que permanecen abertas».

O informe do Intecmar de última hora do sábado, comunica que se procede ao peche preventivo das zonas de produción de mexillón cultivado en viveiros flotantes que ata agora permanecían abertos – seis na na ría de Vigo e tres na Ría de Arousa- ata que «se dispoña dos datos analísticos» das zonas.

Os peches non afectan os bancos marisqueros e tampouco están afectadas as extraccións que se fixeran nas últimas horas, posto que a afectación pola toxina, de ratificarse, se producirá a partir do cambio de vento.

A directora do Intecmar xa avisara o sábado que a marea vermella «aínda pode empeorar», posto que » estamos nun episodio ascendente» de presenza de toxina nas rías galegas.

O sábado estaban pechados todos os polígonos de viveiros flotantes de mexillón en Galicia debido aos dinoflagelados tóxicos -producidas por algas que son tóxicas e das que se alimentan os molusco – salvo tres na ría de Arousa e seis na ría de Vigo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.