'Qué te cuentas?'

Os 700.000 fillos de San Friolán

As mellores festas que se celebran en Galicia xuntaron a 700.000 personas en Lugo do 4 ao 12 deste mes. Esa é balance do Concello que indicou que ás actuacións musicais acudiron sobre “70.000 persoas, 40.000 nos concertos celebrados en A Horta do Seminario e 30.000 na Praza da Soedade”.

A concelleira de Cultura subliñou que a actuación máis seguida foi a do grupo catalán Love of Lesbian, con 10.000 persoas na praza Horta do Seminario, en tanto que Zombi Kids e Obús reuniron na Praza da Soedade a 4.000 persoas. Así mesmo, en canto a gastos e ingresos, o concello lucense indicou que os ingresos roldaron os 550.000 € mentres que os gastos foron de máis de 600.000.

O alcalde valorou que as festas transcorreron “sen ningún incidente destacable”, e afirmou que se cumpriron “todos aqueles obxectivos que se marcou o equipo de goberno: foron populares con moita xente na rúa, con moitas atraccións para as distintas idades, participativa e os lucenses mostrámonos hospitalarios e amables, como manteñen todos os observatorios de turismo”.

 

También te puede interesar