'Qué te cuentas?'

Os 700.000 fillos de San Friolán

As mellores festas que se celebran en Galicia xuntaron a 700.000 personas en Lugo do 4 ao 12 deste mes. Esa é balance do Concello que indicou que ás actuacións musicais acudiron sobre «70.000 persoas, 40.000 nos concertos celebrados en A Horta do Seminario e 30.000 na Praza da Soedade».

A concelleira de Cultura subliñou que a actuación máis seguida foi a do grupo catalán Love of Lesbian, con 10.000 persoas na praza Horta do Seminario, en tanto que Zombi Kids e Obús reuniron na Praza da Soedade a 4.000 persoas. Así mesmo, en canto a gastos e ingresos, o concello lucense indicou que os ingresos roldaron os 550.000 € mentres que os gastos foron de máis de 600.000.

O alcalde valorou que as festas transcorreron «sen ningún incidente destacable», e afirmou que se cumpriron «todos aqueles obxectivos que se marcou o equipo de goberno: foron populares con moita xente na rúa, con moitas atraccións para as distintas idades, participativa e os lucenses mostrámonos hospitalarios e amables, como manteñen todos os observatorios de turismo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.