Vigo al minuto

O PP pide explicacións sobre os 40 pisos do Concello en República Argentina

O Grupo Municipal do PP Vigo vai solicitar unha reunión extraordinaria do consello de la Gerencia de Urbanismo, para pedir explicacións ao goberno local sobre a situación dos 40 pisos de titularidad municipal que hai na rúa República Arxentina.

O concelleiro Antonio Bernárdez, lembrou que eses pisos teñen licenza de primeira ocupación dende hai meses, despois de que se solucionase a súa situación xurídica, xa que pesaba sobre eles sentenzas por irregularidades urbanísticas.

Bernárdez denunciou que o goberno municipal “non sabe que facer con eles“, e criticou que, mentres que se amortiza débeda para reducir o gasto financeiro no Concello, mentres que ten que pagar intereses xudiciais por non afrontar os gastos de comunidade destes pisos.

O edil criticou que a xestión do Urbanismo na cidade é un “rotundo fracaso”, e recordou que o alcalde non cumpriu os seus compromisos sobre a construción de vivenda protexida. Por iso, propuxo que eses pisos poidan ser postos a disposición dos vigueses que os necesiten, ou que se lles busque outro uso alternativo.

En resposta ás denuncia do PP, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo calificou de “paradóxico” que, “os que non foron capaces durante anos de goberno de regularizar a situación urbanística de Rosalía de Castro e de rexistrar os pisos que lle correspondían ao Concello da rúa República Arxentina, se atrevan tan siquera a facer comentario algún sobre ese patrimonio municipal”.

Carmela Silva  sinala que “a traxectoria do voceiro do grupo popular, José Manuel Figueroa, ao frente da área de urbanismo caracterizouse por unha total inoperancia e comportamentos escuros que poideron levar ao Concello á quiebra” e pregúntase porqué o PP cando gobernou non rexistrou eses pisos, que expliquen porque non formaban parte do patrimonio municipal.

Por outro lado, a responsable de Urbanismo lembra que ADIF tiña dereito a dez vivendas do edificio de República Arxentina e, “como non se cumpriu o convenio, o ente estatal estaba disposto a reclamar o valor, o que suporía unha elevada perda patrimonial para o Concello, unha situación que o actual goberno local tamén está solventando”.

 

También te puede interesar