Vigo al minuto

Caballero anuncia a volta das becas de inglés en 2014, en contra do que quere o BNG

O alcalde avanzou este venres que o documento de presupostos municipais para 2014 incluirá partidas para construír novas escolas infantís, para bolsas de inglés no estranxeiro e para parques infantís. Hai que lembrar que os orzamentos correspondentes a este ano non engadían estes últimos investimentos posto que o BNG esixiu como condición para aprobar as contas de 2013 que Abel Caballero retirase as consignacións para parques, para as bolsas de inglés e outras partidas, para que o BNG lle dese o seu apoio no pleno.

O alcalde, quen este venres anunciou a aprobación do proxecto para a construción dunha nova gardaría de 100 prazas para Navia -cunha inversión prevista de 718.000 € e un prazo de execución de 7 meses-, advertiu de que “o goberno local non vai parar de construír escolas infantís”.

Ademais delo, a voceira municipal do Bloque engadiu entre as condicións para negociar o presuposto municipal de este 2013 que o mesmo non contemplase pago algún a compañías aéreas privadas para que operen dende Peinador, condiciones que foron aceptadas por Caballero.

 

También te puede interesar