Persueguen por terra e aire a un home que roubou un coche en Vigo e colisionou contra varios vehículos

Axentes das Policía Nacional e Local perseguen por terra e aire polas rúas de Pontevedra a un home polo roubo dun vehículo en Vigo. No marco do operativo foi detida unha muller que baixou do coche. Segundo informaron fontes da Policía, no espectacular despregamento policial habilitado participan numerosas patrullas auxiliadas por un helicóptero.

A persecución iniciouse a mediodía tras recibir os axentes da Comisaría de Pontevedra o aviso da Policía de Vigo para interceptar o autor do roubo dun vehículo.

Ao ser localizado, o condutor iniciou a fuxida a toda velocidade polas rúas do centro urbano. Nese momento o home estaba acompañado por unha muller, que se baixou do vehículo en marcha, sendo detida polos policías.

O condutor seguiu entón coa súa fuga golpeando ao seu paso ata unha quincena de vehículos aparcados ata chocar co seu coche contra a sede da Seguridade Social na rúa Arcebispo Malvar. A partir deste punto continuou coa súa fuxida a pé.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.