A Fiscalía solicitará, nun novo recurso, a nulidade de oficio dos contratos de Preferentes e Subordinadas

A Fiscalía solicitará, nun recurso ante a Audiencia Provincial de A Coruña, que se declare de oficio a nulidade dos contratos de participacións preferentes e subordinadas comercializadas por Novagalicia Banco, segundo informou o fiscal superior de Galicia, despois de que o Xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña condenase á entidade ao «cesamento destas prácticas”.

Durante o acto de presentación da memoria da Fiscalía galega correspondente a 2012, Carlos Varela amosou a súa discrepancia co fallo do Xulgado que condenou á NCG e dúas sociedades mercantís, vinculadas á entidade xa que a sentenza non entra na cuestión da nulidade dos contratos, despois de que, tras admitir a demanda da Fiscalía galega, rexeitase axuizar esta posibilidade.

O xuíz decidiu non admitir as reclamacións de nulidade e a petición de indemnizacións realizadas. O Fiscal recorreu o devandito auto, pero foi desestimado pola Audiencia Provincial de A Coruña en febreiro pasado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.