Galicia

Procesado o delegado da Xunta en Ourense por presunta malversación de fondos públicos e falsidade documental

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribadavia abriu procesamento contra o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, por suposta malversación de fondos públicos e falsidade documental.

No auto do xuiz José Luis Deaño, faise referencia ao ano 2000, momento no que Martínez presidía o Grupo de Acción Local ‘Ceivan’, que recibiu, segundo sostén o escrito, unha contía de 6.500.000 pesetas  -39.000 € euros – mediante o programa Leader II, da Unión Europea. A través doutra sociedade (Autuar), e segundo o citado auto, o diñeiro tíñase que destinar principalmente á construción dunha nave para o tratamento de biomasa, pero estes fondos, supostamente, non foron destinados a aquilo para o que se solicitaran.

A instrución comezou en 2006 tras a denuncia do grupo municipal do BNG en Arnoia, da que Rogelio Martínez era alcalde. Durante todo este tempo, a causa foi instruída por ata tres xuíces e varios substitutos. Rogelio Martínez ten a posibilidade de presentar recurso nos cinco días seguintes á notificación deste auto.

 

También te puede interesar