RGPD - Cookies
Galicia

A marea vermella obriga a pechar case toda a costa á extración de mexilón, marisco e berberecho

A presenza de toxina lipofílica, obrigou a pechar a maior parte dos polígonos de bateas das rías galegas – 46 dos 53 que hai en Galicia – segundo consta no último informe da situación por zonas do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), pendurado xa na súa páxina web.

A análise de mostraxes provocaron o peche este mércores, día 9, na maioría dos polígonos da ría de Arousa, no de Corme e Laxe e en todos os de Muros e Noia, onde ademais a marea vermella impediu que os mariscadores puidesen saír a extraer molusco na terceira xornada da campaña.

Ademais, segue prohibida a extracción de mexillón dos dous polígonos da ría de Ares e Betanzos -o Sada A, dende o primeiro de agosto; e o Sada B, dende este 4 de outubro- e tamén da totalidade das zonas de cultivo da ría de Pontevedra, dende distintas datas -4, 8 e 9 de outubro-.

Xa en Vigo, está paralizada a actividade nos polígonos de bateas de Cangas, un dos de Redondela -onde hai catro operativos- e o de Vigo A.

 

También te puede interesar