RGPD - Cookies
Vigo al día

O Concello anuncia que compensará a suba da Xunta no recibo da auga pero sen especificar cómo

Raquel Díaz, concelleira de Facenda

A concelleira de Facenda asegurou este martes que o Concello compensará á baixa no recibo da  auga “todo o que a suba a Xunta no mesmo”. Raquel Díaz lembrou que este ano, e” por primeira vez na historia”, o Concello non aplicará o aumento do IPC – custo da vida- nas taxas, recibos e prezos municipais en cumprimento do obxectivo de que os vigueses «non paguen nin un céntimo máis».

Díaz- que non explicou cómo se fara a devandita compensación- lamentou que, mentres o a nivel local mantense o compromiso de non subir os impostos, outras administracións non fagan o mesmo, en alusión a intención da Xunta de subir o canon da auga. Ademáis, ratificou o interese municipal en manter esa taxa conxelada, advertindo de que «non imos consentir que nos suban os impostos pola porta de atrás».

 

También te puede interesar