'Qué te cuentas?'

A todas as unidades, búscase un Vitrasa de cor verde que anda por Vigo!

Axentes da Policía Local buscan a un home que roubou, a punta de pistola, 600 € nunha farmacia na estrada vella de Porriño, preto do Meixoeiro, e fuxiu nun Vitrasa. Segundo fondes do 092, este individuo entrou, pasado o mediodía, nunha farmacia, coa cada tapada e esgrimindo unha pistola coa que apuntou aos empregados e obligoulles a entregarlle os cartos da caixa.

Logo do roubo, o home saiu da botica e colleu un autobús, motivo polo cal a Policía Local deu o alto a varios dos vehículos que realizaban rutas por esa zona.

 

También te puede interesar