Comarcas

3 millóns para que o saneamento de Porriño esté garantido totalmente en 2015

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas e o alcalde de O Porriño, , asinaron este martes un acordo que permitirá realizar investimentos por valor de case 3 millóns de euros co obxectivo de estender o saneamento á totalidade deste municipio pontevedrés en 2015.

En total investiranse 2,83 millóns de euros, financiados nun 80% polo Ministerio de Medio Ambiente-a través da Confederación Hidrográfica- e nun 20% pola Administración autonómica. Pola súa banda, o Concello porá a disposición os terreos necesarios para as obras, que se executarán nun prazo de 18 meses.

A obra inclúe a construción de colectores en seis zonas rurais de O Porriño, situadas entre o barrio de Carracido e as parroquias de Chenlo e Budiño.

Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo desta actuación é camiñar cara ao “saneamento integral da bisbarra de Louriña”, pois espera que practicamente o 100% das augas de O Porriño estean tratadas na depuradora de Guillarei.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica subliñou o especial seguimento da calidade da auga do río Louro nos últimos anos, sobre a cal asegurou constatar unha importante mellora. Nese sentido, o alcalde da vila asegurou que o río pasou de ser un dos tres máis contaminados do Estado a contar actualmente cuns “índices de potabilidad xa preto do normal”.

 

También te puede interesar