Comarcas

3 millóns para que o saneamento de Porriño esté garantido totalmente en 2015

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas e o alcalde de O Porriño, , asinaron este martes un acordo que permitirá realizar investimentos por valor de case 3 millóns de euros co obxectivo de estender o saneamento á totalidade deste municipio pontevedrés en 2015.

En total investiranse 2,83 millóns de euros, financiados nun 80% polo Ministerio de Medio Ambiente-a través da Confederación Hidrográfica- e nun 20% pola Administración autonómica. Pola súa banda, o Concello porá a disposición os terreos necesarios para as obras, que se executarán nun prazo de 18 meses.

A obra inclúe a construción de colectores en seis zonas rurais de O Porriño, situadas entre o barrio de Carracido e as parroquias de Chenlo e Budiño.

Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo desta actuación é camiñar cara ao «saneamento integral da bisbarra de Louriña», pois espera que practicamente o 100% das augas de O Porriño estean tratadas na depuradora de Guillarei.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica subliñou o especial seguimento da calidade da auga do río Louro nos últimos anos, sobre a cal asegurou constatar unha importante mellora. Nese sentido, o alcalde da vila asegurou que o río pasou de ser un dos tres máis contaminados do Estado a contar actualmente cuns «índices de potabilidad xa preto do normal».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.