RGPD - Cookies
Vigo al día

O presidente do SEPI asegura que Pemex construirá os floteis en Barreras e Navantia

O presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) asegurou este luns na Comisión de Presupostos do Congreso que os contratos de Petrolera Mexicana (Pemex) para construír dous floteles serán para os estaleiros Barreras e Navantia.

Os contratos, que foron asinados hai un ano, antes das eleccións ao Parlamento de Galicia, non se fixeron efectivos aínda, a pesar de que «todo facía pensar que a comezo de 2013 que a adxudicación a Pemex Internacional (PMI) e a Navantia poría á man de obra a cortar chapa» de forma inmediata.

Ramón Aguirre subliñou que “o atraso nos procedementos de concurso e adxudicación en México son a única causa de que aínda non se puxera en execución o contrato, porque a parte española cumpriu con todos os compromisos contractuais asinados e só está a expensas de que a parte mexicana tome a decisión que considere oportuna para os seus intereses. Pero non temos ningunha dúbida de que o contrato de Pemex entrará en vigor tanto para a ría de Vigo como para a ría de Ferrol», indicou.

Aguirre afirmou así mesmo que o contrato xa está «na súa fase final«, aínda que non precisou cando podería oficializarse e entrar en vigor. De feito, o fallo de licitación internacional estaba programada para o pasado 18 de setembro, aínda que unha semana máis tarde se anunciou que se coñecerá finalmente durante o mes de novembro.

A construción destes floteis deriva da necesidade que ten Pemex de albergar as máis de 17.000 persoas que están a realizar traballos na explotación de depósitos no mar. Este proxecto suporá un investimento de 293 millóns de euros e garantiría carga de traballo durante máis de dous anos para máis de 3.000 traballadores.

 

También te puede interesar