Comarcas

Unións Agrarias asegura que as adegas non pagarán a uva en 60 días maila a ter subvencións públicas

O secretario xeral do sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) afirmou nunha entrevista concedida a Radio Nacional (RNE), que está convencido de que os produtores seguirán sin cobrar a uva en 60 días, como establece a lei, a pesar de que este ano a Xunta de Galicia comprometera unha liña de avais para ata 20 millóns de euros. «Non quero ser pesimista, pero as adegas vanse financiar con diñeiro público a cambio de ningún tipo de compromiso de pagar as uvas aos viticultores», asegurou.

Roberto García criticou que o anuncio do presidente Feijóo chega tarde, e amosou a súa preocupación pola «falta de compromiso» das empresas e advertiu de que as adegas están a «provocar artificialmente, de forma ilegal, o abaratamento das uvas,», ao asegurar que sobra produto, algo que negou tallante, “xeran a sensación de que sobra uva», segundo afirma, para poder pagala a prezos «de miseria».

O secretario xeral reprobou as subvencións que se concederon a adegas para o aluguer de terreos e o establecemento de plantacións propias, estamos a recoller agora froitos desa política. Agora esas adegas son as que din que xa non necesitan uvas. Non é que non as necesiten: é para comprar máis baratas. Somos asalariados das adegas pero sen soldo nin seguridade social».

Como neste eido, e no da produción láctea, o secretario xeral da central denuncia o desequilibrio na negociación dos prezos do polo e reprocha ás cadeas de distribución vender o quilo por 2,20 €, cando é «imposible para os avicultores producilo por baixo de 2,46 €».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.