Cultura

Ciclo de cinema galego en Toquio ate o 20 de decembro

Turismo de Galicia organiza en colaboración co Instituto Cervantes de Toquio un ciclo de cinema galego no que se proxectarán seis películas entre este domingo e o día 20 de decembro. O ciclo, incluído nas accións que se desenvolven no marco da conmemoración do Ano Dual España-Xapón, ten como obxectivo ofrecer aos espectadores xaponeses unha visión da paisaxe e da cultura material e inmaterial de Galicia.

En concreto, as películas que se poderán ver son ‘Mar adentro’, ‘La lengua de las mariposas’, ‘The way’, ‘Romasanta, a la caza de la bestia’, ’18 comidas’ e ‘O Apóstolo’.

Ademais, o ciclo contará con dúas sesións de cinema fórum impartidas por un profesor do Instituto Cervantes para que os xaponeses teñan maior coñecemento da historia así como do contexto cultural das películas.

Tamén se habilitará un espazo web no que se poderá coñecer as localizacións das rodaxes -Movie map-, as anécdotas destes, así como información turística dos escenarios de cada película en castelán e en xaponés.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.