Galicia

Máis de 5.000 Afectados polas Preferentes maniféstanse en Lugo coincidindo co San Froilán

Máis de 5.000 Afectados pola compra de Preferentes , procedentes de toda Galicia, manifestáronse este sábado en Lugo, coincidindo coa celebración da Festa de San Froilán, para reclamar a devolución do seu diñeiro, máis de 600 millóns de euros, segundo sinalaron varios dos voceiros das 18 plataformas galegas.

A ritmo de gaita transcorreu a marcha – que saiu e rematou na sede do goberno galego, na Ronda da Muralla -na que corearon lemas reivindicando a devolución «íntegra» dos seus aforros, na súa maioría dirixidas aos gobernos do Estado e da Xunta, como –coa música da Rianxeira- «Chourizos veñen, chourizos veñen e van, coidadiño coas carteiras, que non-as queren roubar. Xa estamos ata o carallo, de pedi-los nosos cartos, gaña-los custou traballo, para que veñan a roubalos!».

A masiva afluencia – ate a cidade bimilenaria chegaron máis de vinte autocares-provocou pequenas retencións, que foron controladas pola policía local.

Algunha das decenas de pancartas que portaban os manifestantes exhibían fotos de Rajoy e Feijóo, xunto a lemas como ‘Rajoy covarde, España está que arde’ ou ‘Moito pensar para roubar’. A principal, que portaban os voceiros das plataformas galegas, leíase ‘Goberno-Novagaliciabanco-FROB. Non ao negocio cos aforros dous afectados galegos. Devolución do cen por cen antes de vender’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.