Vigo al día

O presidente de ADIF anuncia que o AVE Vigo-Ferrol funcionará a finais de 2014

Así o asegurou este xoves, na Comisión de Fomento do Congreso o presidente del Administrador de Infraestructura Ferroviarias (ADIF). Na súa comparecencia, Gonzalo Ferré, subliñou que o Eixe Atlántico de alta Velocidade entre Vigo e Ferrol estará funcionando a finais do ano que ven e que o AVE Madrid-Galicia “estará no horizonte do 2018”.

O anuncio realizado por Ferré foi duramente criticado pola deputada do BNG Rosa Pérez quen preguntoulle ao presidente de Adif cómo era posible que o Eixo Atlántico de Alta Velocidade esté rematado a finais de 2014 cando para o tramo Ferrol-A Coruña están presupostados para o ano que ven só 15.000 €, “comprenderá vostede a nosa incredulidade”.

Ademáis, a deputada criticou que a meirande parte do orzamento de Fomento para Galicia teña como destino a alta Velocidade cando “este servizo non cubre, nin moitísimo menos, todo o déficit ferroviario que ten Galicia”.

 

También te puede interesar